miércoles, 2 de marzo de 2011

CONCERTO "A memoria das árbores"

Hoxe fomos a un concerto ao auditorio "Gabriel García Márquez", que está na parroquia de Serantes, en Mera. Fomos ver  o conto "A Memoria das Árbores" que tiña música en directo moi ben tocada. Tamén actuaron dous bailaríns franceses, Amorie e Critelle, que bailaban xenial e ,como non, o contacontos, que tamén o fixo requetebén e lle deu vida ao conto. A nós, Sexto B, gustounos moito, aínda que tivemos que esperar case 30 minutos desde que nos sentamos ata que comezou o concerto porque os buses da Rabadeira non chegaban para todos os nenos. Aínda así pasámolo moi ben. Buses...!

No hay comentarios:

Publicar un comentario