domingo, 28 de agosto de 2011

despedida de fin de curso

Como xa rematou o curso celebramos unha gran despedida para nos, os alumnos de 6º de EP do CEIP prulilingüe Isidro Parga Pondal .
Foi grazas á nai dun alumno ,que é actriz, e ocorreúselle montar un espetáculo no que os nen@s faríamos diferentes actuación.podias escoller entre : presentador ,imitador,baile,tocar un instrumento,teatro ou algunha outra aficción.
Tivemos que ensaiar moito. As profes e outras nais axudaron a os do teatro e a os presentadores e imitadores, de vez en cando , viron como iba progresando o baile (que  fixemos algunhas rapazas e inventamos nos as coreografias e as camisetas nos soas )e tamen reunianse  dous dias por semana cos musicos.
Polo medio tivemos que ir facendo as invitacións para os familiares.Fixemos moitas postais e sorteámolas por votacións.
E as nais e as profes mercaron moita comida para  a ocasión.
Despois de moito e moito ensaiar chegou o gran día.O expetáculo era pola tarde ,así que pola mañá  fixémosllo aos nen@s do colexio e encantolles todas a actuacións.
Pola tarde todos estábamos listos e os presentadores fixeron sair   a os grupos,un por un.
O fixemos todos moi ben,máis tarde cando rematara o expetáculo fumos a tomar a comida,que estaba moi,moi rica.
Grazas ás profes e ás nais pola colaboración especialmente a María Inés , que foi a ela a quen se lle ocurreu a idea.
Irene Macías  Tarrío 

miércoles, 22 de junio de 2011

EXCURSION DE FIN DE CURSO AO COUREL

Para celebrar que rematamos  sexto de primaria fumos de excursión á serra  do Courel ,
durante os días 15,16,17 de xuño.
Alí fumos a moitos lugares distintos: a Seara(e visitamos o seu mosteiro),a Parada(aldea natal de Uxío Novoreyra),..
Tamén fixemos rutas por diversos sitios,ata as fontes do Cervo e ata a Lagoa da Lucenza.
Nos alonxamos  no acampamento o Courel,onde durmimos,e comimos e pasamos parte do tempo libre.

¡¡¡BENVIDOS!!!


http://www.nackvision.com/goodies/animated/

jueves, 14 de abril de 2011

EXCURSIÓN A SANTIAGO

O martes 12 de abril os nenos e nenas de 6 ºB fomos de excursión a Santiago de Compostela , saímos ás 9:30 e chegamos  ás 20:00. A verdade  é que o pasamos moi ben, visitamos a catedral, o río Sarela, o museo do Pobo Galego, a carballeira de Santa Susana na que comimos ,paseamos polas súas rúas de pedra, estivemos en prazas coma as do Obradoiro ou  a de Cervantes, no casco histórico, na praza de Mazarelos, diante da facultade de filosofía, no parque de Vista Alegre...; en fin, pasámolo xenial todos xuntos! Aínda que chegamos mallados e, ao ser martes, tiñamos cole ao día seguinte, e... ben  que nos custou  espertar e vir. E se os parece ben,  ensinarémosvos o  itinerario :

-9:00: PRESENTACIÓN DO EQUIPO DE EDUCADORES NA ESCOLA
-9:10: NA AULA, BENVIDA, PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE E GRUPO, REPARTO DE FOLLETOS E POSTAIS DE VIAXE, RECOMENDACIÓNS.
-9:20: SAÍDA NO AUTOBÚS CARA SANTIAGO
-10:15: CHEGADA A COMPOSTELA
-10:30-11:30 : VISITA GUIADA AO MUSEO DO POBO GALEGO
-11:30-12:TEMPO DE MERENDIÑA E VISITA AO PARQUE DE BONAVAL
-12:00-14:30: DESCUBERTA E INVESTIGACION POLO CASCO HISTORICO DE COMPOSTELA COA AXUDA DUN RUEIRO E OUTRO MATERIAL DIDÁCTICO
-14:30: XANTAR  NA CARBALLEIRA DE SANTA SUSANA.
-16.00: CAMIÑAMOS POLO PASEO DA FERRADURA E XARDÍNS DO CAMPUS UNIVERSITARIO
-16:30-17:30: PEQUENO ITINERARIO FLUVIAL POLO RÍO SARELA
-17:50: MERENDIÑA E XOGOS AMBIENTAIS NA FINCA SIMEÓN, en VISTA ALEGRE
-19:00: REGRESO EN BUS A OLEIROS
-19:50-20:00: CHEGADA AO COLE E DESPEDIDA. 
Moitas grazas a Nati e Charo, que foron as nosas monitoras hoxe, e tamén a Carmen, que nos guiou no museo do Pobo Galego e da que aprendimos o que era unha escaleira helicoidal.