TRABALLOS DA CLASE

ESTES SON ALGÚNS DOS NOSOS TRABALLOS:



DESCRICIÓN DESTA PAISAXE VISTA DESDE FÓRA
Desde a montaña máis alta, situada no primeiro plano, vese un val cun río que se atopa entre dúas montañas. Ao lonxe, moi ao fondo, unha extensa nube cobre parte do río e dá lugar a unha pequena treboada. A escasa vexetación que medra nas ladeiras das montañas dálle unha cor verde amarelada á fermosa paisaxe montañosa.
DESCRICIÓN DESA MESMA PAISAXE VISTA DESDE ARRIBA
Desde unha altura aproximada de 950 metros pódese ver un fermoso río azulado situado nun val entre unhas verdes montañas. Ao lonxe, no nacemento do río, unha gran nube cobre parte del. A escasa vexetación dálle unha fermosa cor que, mesturada co azul do rio, a converte nunha paisaxe moi especial.
ANXO BALADO CANDAL (6º B de EP)

O CASTELO DE SANTA CRUZ E A SÚA ILLA
A illa do Castelo do Porto de Santa Cruz


Vistos desde o alto
Desde unha altura aproximada de 900 m por riba del, podemos ver a espesa arboreda que o rodea e a nova ponte que conecta a illa _cando está a marea baixa, non é unha illa_ co peirao de Santa Cruz.
As pedras de cor grisácea coas que construíron o castelo, o verde das árbores, e a cor azulada do mar que rodea a illa, converten o castelo nunha zona espléndida para ir ata el.
ANXO BALADO CANDAL (6º B de EP)

Vistos desde a varanda do Paseo da Pardela
Cando camiño polo paseo de Santa Cruz sempre me paro a observar o Castelo, coa súa longa e elegante ponte.
No primeiro plano, podo ver as matogueiras que están situadas ao lado da enorme porta, e tamén os seus grosos muros de pedra.
No segundo, vense as ameas dos muros e máis algunhas árbores agochadas tras deles. Ademais, os paxaros que aniñan alí póusanse sobre un mirador situado no alto.
Ao fondo, vense tamén as súas formidables torres e, sobre todo, resalta a torre da homenaxe, que se alza forte e esvelta.
EMMA ARIAS RAPOSO (6º B de EP)

Vistos desde a praia
Desde a praia de Santa Cruz, pódese ver o mar, grande e extenso, de cor azul verdosa, e con pequenos barquiños flotando.
Nun illote, unido ao Paseo da Pardela por unha  ponte de madeira, está o castelo, coas súas grosas paredes e torres de rocha. Rodeado de árbores por case todas as partes, dálle un aspecto moi especial á praia do Porto de Santa Cruz.
HELENA GONZÁLEZ-CARRERÓ ACOSTA (6º B de EP)

    Vou describir o castelo de Santa Cruz visto dende a praia:
    No primeiro plano, á esquerda, encontrámonos coas rochas, as algas e as pedras da praia. Á dereita, un peirao con barcos amarrados. No medio, unha ampla ponte de madeira que conecta o castelo co pobo de Santa Cruz, e á súa dereita, o castelo coas súas vexetación, murallas e torres. Por último, ao fondo e á esquerda, un extenso bosque con diferentes tipos de árbores, e moi, moi ao lonxe, á dereita, pódese divisar a cidade da Coruña.
IRENE MACÍAS TARRÍO (6º B de EP)

veredes traballos que fixeron os nosos compañeiros e compañeiras do CEIP ISIDRO PARGA PONDAL