jueves, 14 de abril de 2011

EXCURSIÓN A SANTIAGO

O martes 12 de abril os nenos e nenas de 6 ºB fomos de excursión a Santiago de Compostela , saímos ás 9:30 e chegamos  ás 20:00. A verdade  é que o pasamos moi ben, visitamos a catedral, o río Sarela, o museo do Pobo Galego, a carballeira de Santa Susana na que comimos ,paseamos polas súas rúas de pedra, estivemos en prazas coma as do Obradoiro ou  a de Cervantes, no casco histórico, na praza de Mazarelos, diante da facultade de filosofía, no parque de Vista Alegre...; en fin, pasámolo xenial todos xuntos! Aínda que chegamos mallados e, ao ser martes, tiñamos cole ao día seguinte, e... ben  que nos custou  espertar e vir. E se os parece ben,  ensinarémosvos o  itinerario :

-9:00: PRESENTACIÓN DO EQUIPO DE EDUCADORES NA ESCOLA
-9:10: NA AULA, BENVIDA, PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE E GRUPO, REPARTO DE FOLLETOS E POSTAIS DE VIAXE, RECOMENDACIÓNS.
-9:20: SAÍDA NO AUTOBÚS CARA SANTIAGO
-10:15: CHEGADA A COMPOSTELA
-10:30-11:30 : VISITA GUIADA AO MUSEO DO POBO GALEGO
-11:30-12:TEMPO DE MERENDIÑA E VISITA AO PARQUE DE BONAVAL
-12:00-14:30: DESCUBERTA E INVESTIGACION POLO CASCO HISTORICO DE COMPOSTELA COA AXUDA DUN RUEIRO E OUTRO MATERIAL DIDÁCTICO
-14:30: XANTAR  NA CARBALLEIRA DE SANTA SUSANA.
-16.00: CAMIÑAMOS POLO PASEO DA FERRADURA E XARDÍNS DO CAMPUS UNIVERSITARIO
-16:30-17:30: PEQUENO ITINERARIO FLUVIAL POLO RÍO SARELA
-17:50: MERENDIÑA E XOGOS AMBIENTAIS NA FINCA SIMEÓN, en VISTA ALEGRE
-19:00: REGRESO EN BUS A OLEIROS
-19:50-20:00: CHEGADA AO COLE E DESPEDIDA. 
Moitas grazas a Nati e Charo, que foron as nosas monitoras hoxe, e tamén a Carmen, que nos guiou no museo do Pobo Galego e da que aprendimos o que era unha escaleira helicoidal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario